Como funciona o noso comparador de tarifas de luz?
1
2
3
Ser de Pepe ten as súas vantaxes:
Nalgunhas tarifas de fibra e móbil terás ata 8€/mes de desconto IVE incl. (5€ por ter luz e 3€ por ter gas).
A nosa potencia é a prezo de custo. O máis baixo do mercado.
Se non estás contento, vas. E marcharte non che custa nada.

Tarifas de luz para ti
Os mesmos principios, a mesma atención ao cliente e máis aforro en Pepephone.
Recomendada
Tarifa estable de luz
A do mesmo prezo durante todo o día
con impostos:
Unha tarifa co mesmo prezo durante todo o día para os próximos 6 meses. Non terás permanencia nin ataduras.
Tarifa de potencia a prezo de custo
A do mellor prezo de potencia
con impostos:
Unha tarifa coa potencia a prezo de custo, é dicir, o máis baixo do mercado. E o mesmo prezo da enerxía durante todo o día para os próximos 6 meses. Non terás permanencia nin ataduras.
Tarifa variable de luz
A de ser eficiente
Prezo medio calculado tendo en conta os 3 tramos horarios co perfil medio de consumo da tarifa 2.0TD (25 % en Punta, 26 % en Chan e 49 % en Val).
con impostos:
Unha tarifa con tres períodos horarios para que te adaptes e aforres nos momentos máis baratos. Non terás permanencia nin ataduras.
Preguntas frecuentes
Cal é o formato e peso máximo admitido do arquivo de factura?
O formato aceptado é PDF e non debe superar os 10 MB de tamaño e peso. Tamén debe ter a mellor calidade posible para poder identificar e analizar os detalles da factura e así poder ofrecerche unha proposta adaptada ás túas necesidades.
Pódese subir calquera factura de luz?
Si. Pódese subir calquera factura de luz de calquera comercializadora eléctrica á que pertenzas actualmente.
Que requisitos adicionais debe ter o arquivo?
O arquivo que sobas debe ter a calidade suficiente como para que os detalles esenciais, como o consumo e o prezo da enerxía, sexan visibles e identificables polos nosos sistemas. Abonda con que a imaxe estea encadrada e se poidan ler os números e as letras.
Subir o arquivo comprométeme a algo?
Non. Usamos os datos que aparecen na túa factura para calcular e desenvolver unha proposta adaptada ás túas necesidades de consumo. Despois, ti decides se contratar ou non connosco, pero lembrámosche que, de facelo, a túa tarifa estaría libre de compromiso de permanencia.
Que facedes despois cos datos facilitados?
Tratámolos coa finalidade de poñernos en contacto contigo por distintos medios, electrónicos ou non electrónicos, e así ofrecerche as propostas de enerxía que máis se poidan axustar ás túas necesidades.
Non me deixa subir o arquivo, como podo contactar?
Se algo fallou no momento de cargar o teu arquivo, ponte en contacto connosco gratuitamente a través do teléfono 900622800 e deseñámosche unha proposta adaptada ás túas necesidades e requirimentos.
Como se calcula o meu aforro?
O aforro que se mostra unha vez que sobes a túa factura corresponde ao prezo da enerxía para os seguintes seis meses e aos descontos vixentes no momento da consulta. Estes descontos aplícanse na factura da túa tarifa de luz e, no caso de ser cliente de Pepephone, na túa factura de telefonía pola contratación de luz. Esta oferta estará vixente só no momento da consulta. Posteriormente, é susceptible de sufrir cambios.
Comparar as vosas tarifas ten algún custo ou compromiso?
Para nada. O noso comparador é 100% gratuíto e usalo non che compromete a absolutamente nada. Creamolo para que vexas, con total transparencia e en poucos segundos, se che sae a conta virte connosco. Se botas números e che encaixa, xenial. Se decides que non, tan amigos e aquí non pasou nada.
Como interpreto os resultados que me ofrece o comparador?
É moi sinxelo, sen leas! Unha vez que analicemos a túa factura, mostrarémosche unha estimación clara do que pagarías coa nosa tarifa fronte ao que estás pagando agora mesmo coa túa compañía actual. Verás a desagregación do teu aforro total, dividido polo aforro na túa factura de enerxía e polo da túa factura de telefonía. Todo ben explicado, sen custos ocultos nin letra pequena, para que saibas exactamente cal sería o teu aforro real.
Atopei unha tarifa que me interesa, como podo contratala?
Alégranos oír iso! Dar o salto é facílimo e faise nun par de minutos. Só tes que facer clic no botón de contratación que aparece nos resultados e encher un formulario rápido cos teus datos básicos (necesitarás ter á man o teu DNI e o teu número de conta). A partir de aí, nós encargámonos de todo o papeleo coa túa antiga compañía. Ti non tes que facer nada máis e, por suposto, non quedarás sen luz en ningún momento durante o cambio.