Luz 100% verde

Non podemos falar de enerxía con principios e non comprometernos co medio ambiente. Por iso, garantímosche que todo o custo da enerxía que che facturemos irá destinado a provedores de enerxía verde.
A letra pequena en grande
Sendo honestos, para nós é imposible distinguir se a electricidade que chega á túa casa provén ou non dunha fonte renovable. Porén, o noso compromiso co medio ambiente reside en que todas as compras de enerxía que facemos (cada día, cada hora) levámolas a cabo con produtores de enerxía 100% renovable. Deste xeito contribuímos a que aumente a demanda deste tipo de enerxía e favorecemos o coidado do medio ambiente. 😊
Como podes saber se a enerxía que mercamos é renovable?
Existe un certificado oficial expedido pola CNMC que garante que a compra de enerxía levada a cabo durante un período concreto cumpre as condicións necesarias para ser considerada enerxía verde. Este certificado chámase Garantía de Orixe. Os produtores que contan con el demostraron que o total ou a maior parte da enerxía que xeran é renovable. Nesta páxina da CNMC podes acceder á información de todas as comercializadoras e auditarnos como consumidor.
Prefires que falemos por teléfono?