Un mundo máis Pepe

Dende que iniciamos a nosa andaina alá por 2007 con Pepephone, apostamos por un mundo no que a túa compañía non che chame para venderche cousas que non necesitas, no que che dean un bo servizo a un prezo xusto e no que non che fagamos perder o tempo, ao contrario, dediquemos o noso a facer a túa vida máis fácil.

Con este obxectivo naceron os nosos principios de funcionamento, para que non se nos esqueza nunca como debemos facer as cousas e, polo tanto, que somos. Principios que trasladamos á nosa comercializadora de enerxía en 2015 creando Pepeenergy. Porque o mercado eléctrico tamén necesita principios.

Pepeenergy - Luz 100% verde, a un prezo xusto

Os principios de Pepenergy

Honestidade

Sabemos que hai moitos trucos para gañar diñeiro, pero aquí cremos que o único que funciona a longo prazo é a honestidade. Por iso, non facemos nada que non esteamos dispostos a contar.

Sen trucos nin letra pequena

Sen trucos nin letra pequena

Nunca disfrazamos os nosos produtos con promocións temporais nin agochando cousas nas condicións. Todo o que tes que saber, contámoscho en grande e ao principio.

Recoñecemos os nosos erros

Recoñecemos os nosos erros

Somos persoas e cometemos erros, pero cando ocorren corrixímolos e aprendemos deles para non volver equivocarnos.

Sen compromiso de permanencia

Sen compromiso de permanencia

Se non estás contento, deixámoste ir sen molestarte. Non imos intentar convencerte ofrecéndoche algo que poderiamos terche dado antes.

Xustiza

Coidar aos que xa están connosco é máis importante que intentar conseguir clientes novos. Non só é máis xusto, tamén é máis rendible para todos.

Os nosos clientes primeiro

Os nosos clientes primeiro

Como xa es da familia, terás descontos por continuar confiando en nós.

Non aforramos en atender aos nosos clientes

Non aforramos en atender aos nosos clientes

Tes algunha dúbida coa túa tarifa ou contrato? Non te preocupes. O noso horario de atención ao cliente é de luns a venres de 09:00 a 22:00 h e sábados de 09:00 a 15:00 h.

Darémosche sempre a mellor opción que teñamos

Darémosche sempre a mellor opción que teñamos

O noso traballo é darche o mellor que podemos ofrecer, así que se estás connosco sabes que terás o mellor da casa.

Coidado

Todos temos mellores cousas que facer co noso tempo que pensar na nosa compañía de luz e gas.

Non te molestamos con chamadas comerciais

Non te molestamos con chamadas comerciais

Nós non imos chamarche para venderche nada. Se necesitas calquera cousa, xa sabes onde atoparnos.

Non hai sorpresas na túa factura

Non hai sorpresas na túa factura

O prezo mantense durante 6 meses, así que sempre pagarás só polo que consumes, máis a pequena cota mensual. Se xa es cliente, entón non pagas a cota. Xusto e sinxelo.

Calquera problema é o noso problema

Calquera problema é o noso problema

Se algo falla, o noso traballo é solucionalo o antes posible sen que teñas que pedilo sequera. E se nos tes que reclamar algo, darémosche a razón por defecto ata que o teñamos analizado.