Enerxía a un prezo xusto

Pepeenergy - Enerxía a un prezo xusto

A factura da luz sempre foi un pequeno xeroglífico complicado de descifrar. Prezos que varían dependendo do tramo horario, custos difíciles de entender… Un problema digno dunha clase de matemáticas ou un bo argumento para sacar a segunda parte de Unha mente marabillosa.

Porén, hoxe quero botarche un pouco de luz sobre os custos que inflúen no prezo da nosa tarifa e cal é realmente a nosa marxe de beneficio.

En primeiro lugar, quero aclararche que en Pepeenergy non temos unha "tarifa plana". Nós mercamos a enerxía ao prezo variable que se atope no mercado e que depende da oferta e a demanda eléctrica que haxa en cada momento.

  • Para entender mellor como inflúe a demanda eléctrica, recoméndoche que botases unha ollada a este artigo que publicamos hai uns meses, a raíz do cambio de hábitos provocados pola Covid-19, onde analizamos a evolución do consumo eléctrico e a súa repercusión no prezo da luz.

Despois decidimos vendercha ao prezo que nos custa mercala, sumándolle un pequeno e axustado importe que cobre os custos mínimos xerados de darche o servizo e que nos axuda a seguir fomentando o uso de enerxías renovables:

Custos xerados de darche o servizo

Estes custos están relacionados cos puntos de contacto que temos contigo desde que inicias a túa relación connosco:

  • O mantemento da túa Área de Cliente e a tecnoloxía que desenvolvemos para darche a mellor información do consumo nas túas facturas.
  • As melloras nas que traballamos, día a día, para ofrecerche novas formas de aforro a través de consellos baseados nos teus hábitos de consumo reais.
  • O noso servizo de Atención ao Cliente disposto sempre a axudarche de 8 da mañá a 12 da noite.
  • A calculadora da nosa web para que poidas comparar, sempre que queiras, os nosos prezos cos doutras compañías.

Prefires que falemos por teléfono?