Somos Pepeenergy
Unha comercializadora de luz 100% verde e gas con principios, que che ofrece un bo servizo a prezios xustos.

A nosa historia
Nacemos como comercializadora de enerxía no 2015 coa intención de levar luz verde e gas a prezos xustos a todos os nosos clientes de telefonía. Aplicando os nosos principios de xustiza, honestidade e coidado, comprendemos que o mercado eléctrico tamén necesitaba unha compañía que estivese á altura dos seus clientes.
Os nosos valores
Os clientes son o primeiro
Sendo cliente de Pepephone terás descontos por continuar confiando en nós.
Es libre: cero compromisos
Non estás satisfeito co noso servizo? Connosco non tes ataduras. Podes escoller irte en calquera momento.
Trato humano, sempre
Somos persoas e tratamos con persoas. Se nos equivocamos, corrixímolo e compensámoste. Aprendemos dos nosos erros para non volver cometelos.
Que nos diferencia?
Aforra na túa fibra e móbil
Por ser cliente de Pepephone e contratar luz e gas, tes 8€ ao mes de desconto (IVE incl.) en .
Sen papeleo
Contratas en 2 minutos e despreocúpaste do resto.
Sen permanencia
Se non estás contento, vas. E marcharte non che custa nada.

Como traballamos?
Cremos nos nosos sólidos principios de honestidade, xustiza e coidado, e demostrámolo desde o primeiro contacto e en toda a relación cos nosos clientes.
- Non che chamaremos para venderche cousas. Se necesitas algo, sabemos que contactarás connosco.
- Non te ataremos. Darémosche a liberdade de elixir en todo momento.
- Cremos que o mellor servizo de atención ao cliente é o que non se necesita. Pero se necesitas contactar connosco, tes a app, o teléfono, email ou a web para facelo.
- Atendémoste persoas, de luns a venres de 09:00 a 22:00 h e sábados de 09:00 a 15:00 h.
- Se xa es cliente, tes aforro mensual asegurado.