Cal é o requisito para que se aplique o desconto por seres cliente de Pepephone?
Para levares o desconto en Pepeenergy e non pagares os nosos 4€ de cota de xestión, só pedimos unha cousa lóxica: que sexas cliente de Pepephone (con fibra ou móbil) e que o titular do contrato da luz sexa exactamente o mesmo que o da liña (mesmo DNI). Non tes que chamarnos nin pedilo, nós cruzamos os datos e aplicámosche o desconto automaticamente na túa factura.
Prefires que falemos por teléfono?
